SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS CON MOTIVO DO XACOBEO 21-22 CULTURA NO CAMIÑO. PRAZO: 22-07-2021

Data: 

mércores, 23 Xuño, 2021 (Todo o día) a xoves, 22 Xullo, 2021 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22 Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT302B). BDNS (Identif.): 570820.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais co motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302B).

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen unha programación cultural, que conteña polo menos menos tres actuacións, que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Importe

O financiamento destas axudas nesta convocatoria realizarase en todo caso en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 1.000.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2020-00001.

Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable correspondan aos cachés das compañías/grupos que configuran a programación.

2. O gasto considerarase realizado, con carácter xeral, cando se contabilice o recoñecemento da obriga por parte do órgano competente da entidade local, con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado nestas bases.

As entidades locais beneficiarias deberán acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data de ingreso na conta bancaria da entidade local beneficiaria do aboamento da subvención, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 outubro, polo que se regula as especialidades de subvencións ás entidades locais galegas.

3. Non obstante, no suposto de realizarse pagamentos anticipados como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas, considerase gasto realizado o que fose efectivamente pagado pola entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na presente convocatoria.

Prazo 

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: