Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Prazo: 24-10-2024

Data: 

mércores, 25 Setembro, 2024 (Todo o día) a xoves, 24 Outubro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR351B).

BDNS (Identif.): 785893.

Obxecto

A prórroga de contratos ou para o apoio no financiamento do custo salarial das persoas que estean a desempeñar o posto de axente de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais (procedemento TR351B), a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.

Entidades beneficiarias

Entidades locais ou, na súa falta, as entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local que fosen beneficiarias destas axudas na derradeira convocatoria, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse dous millóns douscentos mil euros (2.200.000 €).

Contía da subvención e período subvencionable

1. A contía máxima das subvencións que se concederán por cada axente de emprego e desenvolvemento local con xornada laboral a tempo completo poderá ser, co límite máximo de 27.046 euros anuais por cada contratación subvencionada, e tendo en conta a media de paro rexistrada no ano 2023 no seu ámbito territorial de acordo coas estatísticas oficiais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración:

a) A equivalente ata o 35 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrado no ano 2023 igual ou superior a 500 persoas desempregadas.

b) A equivalente ata o 25 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrada no ano 2023 inferior a 500 persoas desempregadas.

c) A equivalente ata o 80 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando se trate de entidades beneficiarias que, aínda que teñan unha media de paro rexistrada no ano 2023 inferior a 500 persoas desempregadas, a solicitude ou as actuacións previstas no proxecto engloben, cando menos, tres concellos limítrofes ou que estean dentro do mesmo ámbito comarcal, ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos.

2. A subvención prevista no parágrafo anterior concederase por un período dun ano e será incompatible con outras subvencións ou axudas públicas, con independencia do seu importe, para a mesma finalidade, procedentes de fondos de políticas activas de emprego.

3. As subvencións previstas nesta orde en ningún caso poderán ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere os custos totais da contratación.

As entidades beneficiarias deberán comunicarlle á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

4. A concesión destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 785893): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

Descargas: