Data:
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN223A). BDNS (Identif.): 689131.
Obxecto
A concesión de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras:
a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos existentes na praza de abastos.
As federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
Importe
Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 4.620.000 €, que será imputado da seguinte forma:
a) Concellos:
Destinarase un crédito total de 4.400.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.761.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024, de acordo coa seguinte distribución:
Anualidade | Importe |
2023 | 1.900.000 € |
2024 | 2.500.000 € |
Total | 4.400.000 € |
b) Federacións e asociacións de prazas de abastos e mercados:
Destinarase un crédito total de 220.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.781.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, do seguinte xeito:
Federacións de asociacións de prazas de abastos | 45.000 € |
Asociacións de prazas de abastos | 175.000 € |
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 689131): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN223A, poderase obter información a través dos seguintes medios:
1. Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal
2. Na páxina web oficial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.
3. Nos teléfonos das xefaturas territoriais, A Coruña: 981 18 49 02/80, Lugo: 982 29 49 38/670, Ourense: 988 38 67 19 e Vigo: 986 81 75 62.
5. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal