SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DUNHA REDE DE MERCADOS EXCELENTES DE GALICIA. PRAZO: 30-09-2019

Data: 

mércores, 27 Marzo, 2019 (Todo o día) a luns, 30 Setembro, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

ORDE do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IN223A). BDNS (Identif.): 445395.

Obxecto 

Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de Mercado Excelente ou estean no proceso previo á súa obtención.

Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

Actuacións subvencionables

Consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada, sempre que sexan realizadas nos seguintes prazos:

• Na anualidade 2019, desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

• Na anualidade 2020, desde o 1 de decembro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 1.000.000 de euros que será imputado á aplicación orzamentaria 09.30.751A.761.3, para as anualidades 2019 e 2020.

2. Ao tratarse de compromisos de gastos de carácter plurianual, respectaranse as disposicións contidas no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e a realización dos gastos subordinarase aos créditos que para cada exercicio se consignen nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019, salvo esgotamento de crédito, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria e que suporá o peche do prazo e a inadmisión das solicitudes que se presenten con posterioridade.

Descargas: