SUBVENCIÓNS PARA A ORDENACIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS LABORAIS DE TRABALLADORES/AS MIGRANTES PARA CAMPAÑAS AGRÍCOLAS DE TEMPADA. PRAZO: 20-05-2016

Data: 

domingo, 1 Maio, 2016 (Todo o día) a venres, 20 Maio, 2016 (Todo o día)

 

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Extracto da Resolución do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións públicas para a ordenación dos fluxos migratorios laborais de traballadores/as migrantes para campañas agrícolas de tempada. BDNS (Identif.): 304571.

Finalidade:

A finalidade é a execución das seguintes actuacións:

Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada agrícola.

Visita aos aloxamentos de temporeros/as agrícolas e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos.

Asesoramento e información sociolaboral ás persoas traballadoras migrantes de campañas agrícolas de tempada en relación cos seus dereitos e deberes derivados da súa natureza.

Beneficiarios:

Organizacións sindicais, as organizacións e agrupacións empresariais e cooperativas agrarias sen ánimo de lucro, e as Entidades Locais.

Bases reguladoras:

Orde ESS/1708/2012, do 20 de xullo, publicada no BOE do 1 de agosto de 2012.

Importe:

A contía máxima para cada actuación será a seguinte.

Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos... Contía: 50 € por temporero/a, cun máximo de 60.000 euros.

Visita aos aloxamentos. ..

Contía: 300 euros por aloxamento, cun máximo de 50.000 euros.

Asesoramento e información sociolaboral...

Contía: 20 euros por temporero/a, cun máximo de 50.000 euros, se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 15.000 euros, se comprende unha soa Comunidade Autónoma.

Prazo:

Vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 104 - EXTRACTO172.2 KB