Data:
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2023 (código de procedemento IN418E). BDNS (Identif.): 680761.
Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran cos requisitos e condicións establecidos nelas (código de procedemento IN418E).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as seguintes persoas en función do tipo de actuación:
1. Planificación enerxética de concellos: as entidades que integran a Administración local conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do réxime local ou as agrupacións das entidades anteriores con base a un acordo marco en que se especifique en que porcentaxe participa cada unha e se estableza unha persoa única para efectos de notificación.
2. Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: comunidades enerxéticas xa constituídas e con residencia ou establecemento en Galicia. Sen prexuízo de que poidan presentar solicitudes de axuda previas á constitución da comunidade enerxética segundo o procedemento descrito nos seguintes artigos.
Financiamento
As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2023. O orzamento por partida orzamentaria redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia entre as seguintes partidas: 05.A3.733A.760.3, 05.A3.733A.770.4 e 05.A3.733A.781.8, entidades locais, empresas e entidades sen fins de lucro.
O crédito máximo segundo a tipoloxía de actuación será o seguinte:
Distribución por liña de axuda | Orzamento (€) |
Planificación enerxética de concellos | 500.000,00 |
Planificación enerxética de comunidades enerxéticas | 100.000,00 |
Total | 600.000,00 |
Contía da axuda
1. A intensidade de axuda en función do tipo de actuación será a que se determina a continuación:
a) Planificación enerxética a concellos: a intensidade de axuda dependerá dos concellos que acheguen subministracións enerxéticas ao contrato centralizado segundo o establecido na seguinte táboa:
Agrupación de concellos | Intensidade da axuda |
Sen agrupar | 30 % |
De 2 a 5 concellos | 50 % |
Máis de 6 concellos | 70 % |
No caso de concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, incrementarase a intensidade de axuda un 15 %. Incrementarase un 15 % adicional a concellos fusionados ou un 10 % a concellos emprendedores (o aumento de intensidade de axuda por concello emprendedor non é acumulable co incremento por concello fusionado).
No caso de concellos sen agrupar, só poderán acceder á axuda se os pregos publicados permiten a adhesión ao contrato doutros concellos ou entidades públicas.
No caso de entidades locais que non sexan concellos, a intensidade de axuda calcularse en función dos concellos aos que represente.
b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: a intensidade da axuda será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 15.000 por concello ou comunidade enerxética. No caso de acordo marco entre varios concellos a axuda máxima aplicarase individualmente a cada concello da agrupación. No caso de entidades locais que representen varios concellos, aplicarase unha axuda máxima de 15.000 € por cada concello que represente a entidade local e que aporte subministracións enerxéticas da súa titularidade ao contrato centralizado cun máximo de 150.000 € por expediente.
3. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Proxectos subvencionables
1. Son proxectos subvencionables as actuacións que se detallan a continuación en función da tipoloxía de solicitante:
a) Planificación enerxética de concellos ou agrupacións de concellos:
Contratación dos servizos xurídicos e/ou técnicos precisos para a mellora da planificación enerxética e contratación das subministracións enerxéticas das entidades locais. Como resultado debe elaborarse un estudo estratéxico para a subministración enerxética da entidade local no cal se recolla a promoción do aforro enerxético, e, en concreto, a análise e a posta en marcha dun proceso de contratación centralizada, que aglutine cando menos os concellos agrupados na solicitude ou representados pola entidade local. A análise xurídica debe avaliar a forma en que os concellos e os entes instrumentais asociados que así o desexen poden agruparse para a compra conxunta de enerxía.
No caso de entidades locais que non sexan concellos, a actuación será subvencionable en canto os servizos de planificación enerxética se dirixan aos concellos que represente a entidade local e conten co acordo do concello para a solicitude da axuda.
No caso de concellos sen agrupar só poderán acceder á axuda se os pregos publicados permiten a adhesión ao contrato doutros concellos ou entidades públicas. Os concellos que non participen na publicación dos pregos con polo menos unha das súas subministracións perderán o dereito ao cobramento da axuda.
b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas constituídas ou en fase de constitución:
Contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da Comunidade Enerxética a partir da súa constitución.
2. Os solicitantes poden escoller libremente as empresas que os asesoren. O Inega elaborará unha Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de planificación enerxética ás entidades locais e comunidades enerxéticas que publicará na páxina web www.inega.gal. A listaxe confeccionarase sobre a base dunha declaración responsable de dispor de medios humanos e materiais para a realización do traballo de planificación.
Para solicitar a inclusión na citada listaxe debe remitirse ao Inega, a través da aplicación electrónica accesible desde a páxina web, o anexo IV da presente resolución en calquera momento desde a publicación da presente resolución e antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes de axuda. A Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de planificación enerxética ás entidades locais e comunidades enerxéticas ten a finalidade de facilitar o contacto entre solicitantes e provedores, en ningún caso debe entenderse como garantía do Inega da calidade dos traballos resultantes, cuxa responsabilidade corresponde ás partes.
Condicións dos proxectos
1. Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2023, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 5.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE.
3. Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude. No caso da liña de comunidades enerxéticas, este requisito entenderase aplicado á comunidade enerxética e non aos seus integrantes, de tal xeito que unha mesma persoa que participe en diferentes comunidades enerxéticas poderá solicitar axuda como parte integrante de cada unha delas. No caso da liña de concellos, un concello só pode solicitar unha axuda, xa sexa de forma directa ou delegando noutra entidade local de ámbito supramunicipal.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes comeza o 28 de marzo de 2023 ás 9.00 horas e rematará o 15 de xuño de 2023.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 680761): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na páxina web do Inega: http://www.inega.gal