Subvencións para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026. Prazo: 09-08-2024

Data: 

mércores, 10 Xullo, 2024 (Todo o día) a venres, 9 Agosto, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social e Igualdade

Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan (código de procedemento BS700A).

BDNS (Identif.): 772740.

Obxecto

O obxecto é o establecemento das bases reguladoras e aprobación da convocatoria para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia destinadas á prestación de servizos nos anos 2024, 2025 e 2026 ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

As subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:

a) Programa I, destinado á consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

Entidades beneficiarias

Serán entidades beneficiarias segundo o tipo de xestión:

a) Xestión individual: concellos cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2023, incluídos os que resulten dunha fusión municipal.

b) Xestión compartida: agrupacións de concellos e/ou de mancomunidades de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos.

Quedan excluídas as deputacións provinciais.

Contía

Para o financiamento desta convocatoria destínase un crédito por importe total de quince millóns oitocentos nove mil cincocentos corenta e un euros con vinte e catro céntimos (15.809.541,24 €), que se imputará á aplicación 38.04.312E.460.1, coa seguinte desagregación por programas:

Anualidade Importe programa I Importe programa II Total
2024 1.029.112,38 € 288.349,39 € 1.317.461,77 €
2025 5.145.561,90 € 1.441.746,95 € 6.587.308,85 €
2026 6.174.674,28 € 1.730.096,34 € 7.904.770,62 €

A contía máxima de subvención por beneficiario virá determinada polo número total de horas de traballo totais do equipo que conforma a unidade e, en todo caso, cos seguintes importes máximos en función do tipo de xestión e da suma da poboación da entidade beneficiaria:

1º. Categoría 1: xestión Individual cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 12.100,00 € de importe máximo por mes subvencionable.

2º. Categoría 2: xestión compartida cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 15.287,00 € de importe máximo por mes subvencionable.

3º. Categoría 3: xestión individual ou compartida cunha poboación de máis de 40.000 habitantes: ata 18.344,40 € de importe máximo por mes subvencionable.

O importe da subvención calcularase segundo o sistema de custos simplificados de custo unitario por hora máis a porcentaxe de tipo fixo para os outros gastos directos e indirectos.

Outros datos

De conformidade co establecido na orde e nos termos establecidos nos artigos 8 e 27:

a) Para os efectos da concesión da subvención, o obxecto da prestación estará exclusivamente integrado polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. A atención estenderase ata a data de finalización do curso escolar cando o cumprimento da idade de 6 anos sexa anterior a esta.

b) O período máximo subvencionable abranguerá desde o 1 de novembro de 2024 ata o 31 de outubro de 2026 e os gastos imputables serán os directos de persoal e outros gastos directos e indirectos realizados naquel e que fosen efectivamente pagados na data límite de xustificación.

c) O equipo de traballo deberá contar cun mínimo de 3 integrantes e ser interdisciplinar.

d) Para a anualidade 2024, realizarase o pagamento do 100 % da contía da subvención concedida en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. Para a anualidade 2025 realizarase de forma fraccionada cun pagamento do 60 % da contía da subvención en concepto de anticipo, que se fará efectivo ao longo do mes de marzo de 2025. O importe restante, ou a parte que corresponda, aboarase ata o 31 de decembro de 2025, que se librará logo da xustificación pola entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde. Para a anualidade 2026 realizarase de forma fraccionada cun pagamento do 70 % da contía da subvención concedida en concepto de anticipo, que se fará efectivo ao longo do mes de marzo de 2026. O importe restante ou a parte que corresponda aboarase ata o 31 de decembro de 2026, que se pagará logo da xustificación pola entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 772740): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio

-Sobre a presente orde poderase obter información adicional a través das seguintes páxinas web:

Descargas: