Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible (Programa Galicia Feder 2021-2027). Prazo: do 28-01-2026 ao 02-03-2026 (9:00 h.)

Data: 

mércores, 28 Xaneiro, 2026 (Todo o día) a luns, 2 Marzo, 2026 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).

BDNS (Identif.): 881960.

Obxecto

Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo (procedemento IN421S).

Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

En canto ás empresas de servizos enerxéticos, os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, ás actividades recollidas nesta epígrafe e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

2. As empresas deben contar cun centro de traballo en Galicia ou realizar algunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das empresas de servizos enerxéticos, o que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros de consumo.

3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

4. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

5. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega coa repartición por ano e beneficiario recollida na seguinte táboa. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 6.500.000 €.

O crédito máximo segundo a tipoloxía de solicitante será o seguinte:

Beneficiarios das axudas Anualidade 2026 (€) Anualidade 2027 (€) Importe total asignado (€)
Empresas 2.450.000 € 2.100.000 € 4.550.000 €
Administración local 840.000 € 720.000 € 1.560.000 €
Entidades sen ánimo de lucro 210.000 € 180.000 € 390.000 €
Total 3.500.000 € 3.000.000 € 6.500.000 €

Do total orzado reservarase para as axudas sometidas ao réxime de minimis 227.500,00 euros e para as axudas sometidas ao Regulamento (UE) 651/2014, do 7 de xuño, 4.361.500,00 euros.

O orzamento por partida redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.760.8, 09.A3.733A.770.7 e 09.A3.733A.781.7.

Contía da axuda

1. A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

Beneficiarios Porcentaxe máxima de axuda
Entidades locais 60 %
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 60 %
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais. 30 %

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €.

3. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o sexto (6º) día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Cando o último día do prazo sexa inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881960

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881807

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881947

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

-Na páxina web do Inega: http://www.inega.gal

Descargas: