Data:
Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
Obxecto
O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipos térmicos que utilicen biomasa como combustible.
Beneficiarios
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As entidades sen ánimo de lucro.
d) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Gastos que se subvencionan
1. Serán subvencionables:
a) O custo do equipamento térmico e os accesorios principais do mesmo (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes , extracción cinzas).
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custe do sistema de alimentación do combustible.
e) O custe de montaxe e conexionado.
2. Non son subvencionables:
a) O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable. Os concellos e demais entidades de dereito público non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, apartado 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello, polo que o IVE soportado por estes considerarase subvencionable.
En todo caso aquelas persoas xurídicas que gocen da exención de IVE, ou dun réxime de prorrata, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración Tributaria ou documentación acreditativa da prorrata do último exercicio.
b) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
c) Os gastos anteriores á presentación da solicitude. Por esixencia do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da presentación da solicitude de axuda, de forma que se algún dos gastos para os que se solicita axuda foi iniciado con anterioridade, o proxecto na súa totalidade non se considerará subvencionable.
d) As obras de mantemento.
e) As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan partigo activa do circuíto de xeración térmica
f) O proxecto de enxeñería nin a obra civil nin os gastos de legalización.
g) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa foran obxecto de axuda en anos anteriores.
i) Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes , contado desde o 15 de xaneiro de 2016.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 544.87 KB |
![]() | 776.2 KB |