SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES (FEADER). PRAZO: 13-02-2016

Data: 

venres, 15 Xaneiro, 2016 (Todo o día) a sábado, 13 Febreiro, 2016 (Todo o día)

 

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016.

Obxecto

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.

Beneficiarios

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

Requisitos e regras xerais

Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.

2. Que se desenvolvan nas zonas rurais de Galicia. A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración de zonas urbanas os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da comunidade autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela). A Autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia (unidade de poboación significativa do medio rural galego) definindo parroquias rurais, intermedias ou urbanas. As parroquias definidas como rurais ou intermedias serán admisibles aos efectos do fondo Feader.

Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es.

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos para os que foron aprobados.

4. Que sexan viables tecnicamente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

8. O beneficiario no caso de pago indebido quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirán, no seu caso, os intereses. Non se aplicará a obriga de reembolso si o pago e froito dun error da autoridade competente ou de outra autoridade sen que o beneficiario puidera detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).

Con carácter xeral os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas o beneficiario veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

9. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).

Conceptos subvencionables

Serán subvencionables:

1. Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis solares).

2. O custe de montaxe e conexionado.

3. Accesorios para o correcto funcionamento do sistema salvo os equipos emisores que non formen parte do equipo xerador e os elementos de distribución da calor fora da sala de caldeiras.

4. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tuberías, etc.

Prazo

O prazo para presentar as solicitudes será de un (1) mes contado dende o 15 de xaneiro de 2016. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 2471.54 MB