Data:

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) recibiu a unha delegación do persoal técnico da Associaçao Nacional dos Municipios de Moçambique (ANAMM) para celebrar unha reunión na que se intercambiaron experiencias sobre xestión e financiamento local, ademais de coñecer a situación das economías locais galegas e as funcións e traballos da FEGAMP no eido económico.
Na reunión participaron pola FEGAMP a súa secretaria xeral, Patricia Vilán, e Andrés Núñez, da área económica, mentras que pola ANAMM o fixeron o coordinador do seu departamento de finanzas,Onofre Muinanga; Plácido Sitoe, técnico de contabilidade do municipio de Namaacha, e Bento Macamo, técnico do municipio de Manhiça. Tamén participou Andrea García, coordinadora do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que xestionou a reunión dentro do proxecto “Apoio á sustentabilidade e xestión financeira dos municipios de Manhiça e Namaacha (provincia de Maputo - Mozambique) que están impulsando co cofinanciamento da Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (AECID), e que ten como obxectivo fortalecer a estes dous municipios mozambicanos na área de finanzas municipais.
Ademáis da reunión na FEGAMP, a delegación técnica da ANAMM ten visitado xa o concello de Cuntis (Pontevedra), e mesmo ten previsto visitar tamén os concellos de Coristanco e Pontedeume (A Coruña), e de Monforte de Lemos (Lugo), para seguir coñecendo boas prácticas na xestión do catastro, do padrón, da xestión dos impostos locais, do saneamento e da traída do auga potable, ademáis da xestión turística.