Toma de contacto da FEGAMP co novo delegado Xeral de Naturgy en Galicia

Data: 

martes, 15 Setembro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse co Gerardo Miguel Rodríguez Martínez, novo delegado Xeral de Naturgy en Galicia, que toma o relevo de Alberto Suárez Fontenla no cargo.

Na reunión púxose de manifesto o interese en explorar vías de colaboración que faciliten a xestión do servizo de suministro eléctrico nos concellos e, sobre todo, a atención e xestión de incidencias.