Unha decena de concellos galegos son recoñecidos polo seu traballo a prol dos dereitos infantís

Data: 

venres, 26 Outubro, 2018 (Todo o día)
Asistentes al I Encuentro Europeo de Consejos de Infancia y Adolescencia. @UNICEF Comité Español/2018/PensarConsulting

Santiago de Compostela, 29 de outubro 2018.- Segundo informou a Secretaría Permanente do Programa Cidades Amigas da Infancia, conformada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de “Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia" – IUNDIA- e UNICEF Comité Español, un total de 8 concellos galegos foron recoñecidos como Cidade Amiga da Infancia para o período 2018 – 2020. En concreto na comunidade galega foron nomeados na oitava edición dos Recoñecementos Cidades Amigas da Infancia os concellos de:

  1. Cabanas
  2. Carnota
  3. Moeche
  4. Ourense
  5. Porriño
  6. Redondela
  7. Teo
  8. Tomiño

Así mesmo, durante a reunión da Secretaría Permanente, concluíuse que 25 proxectos recibirían tamén os recoñecementos correspondentes como gañadores do IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos de Infancia e Política Municipal e fallouse a favor de proxectos cuxo obxectivo principal é levar a cabo accións centradas na Convención sobre os Dereitos do Neno e dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia. No IX Certame de Boas Prácticas, fallouse a favor dos seguintes  concellos da Comunidade de Galicia:

  1. Concello da Coruña: Proceso de participación “O  Noso Patio”, na categoría de “Estratexias Innovadores de Participación Infantil e Adolescente”
  2. Concello da Laracha: Programa “ Harmoniza”, na categoría de “Campañas Efectivas Dirixidas á Mellora do Benestar da Infancia e da Adolescencia” 

A cerimonia de entrega destes recoñecementos terá lugar en Oviedo, o 27 de novembro, e contará co apoio do Concello de Oviedo e a presenza das autoridades que outorgan os mesmos.

Listado completo dos Gobernos Locais Recoñecidos e proxectos premiados en  https://ciudadesamigas.org/ciudades-infancia-2018/