UNICEF - DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Data: 

sábado, 20 Novembro, 2021 (Todo o día)

O vindeiro sábado 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. 

Para a súa celebración, desde UNICEF Galicia queren difundir esta iniciativa na que xa están traballando cos municipios e institucións galegas cos que colaboran normalmente.
Coincide ademais con que en 2021, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia cumpre o seu 75 aniversario de traballo incansable polos dereitos da infancia e polo benestar de cada neno, nena e adolescente, en calquera contexto e en calquera lugar. Por iso, o próximo 20 de novembro, gustaríalles contar coa participación das administracións locais para seguir mostrando os avances conseguidos e así, concienciar á cidadanía sobre a importancia de seguir traballando e sumando esforzos, para que os dereitos dos nenos e nenas se vexan cumpridos.

A proposta é que o Día Mundial da Infancia tamén sexa unha data especial a nivel municipal, iluminando de azul cyan o exterior dun lugar emblemático ou ben dun edificio institucional de referencia para a cidadanía.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos/dia-internacional-nino