Data:
Os días 18,19 e 20 de outubro vaise celebrar ma Coruña o V Congreso do Observatorio de Contratación Pública.
Esta V edición será punto de encontro nacional dos principais especialistas tanto académicos como do ámbito da xestión pública e privada que traballan no ámbito da contratación do sector público.
Será un espazo de debate e análise das novidades introducidas na súa ordenación xurídica, así como para a realización de novas propostas de actuación para a modernización da contratación pública e materializar na mesma os principios de eficiencia, integridade e boa administración.
É unha iniciativa impulsada polo Observatorio de Contratación Pública, que conta co apoio organizativo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña.
Pode consultarse toda a información do Congreso e xestionar xa a inscrición a través do seu sitio web www.obcp2023.com