Veráns de Lecer Consumo 2024

Dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, infórmannos da posta en marcha da Campaña “Veráns de Lecer Consumo”, que se desenvolverá dende o 24 de xuño ata o día 2 de agosto deste ano 2024. Trátase dun programa de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia.

A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable.

O Programa “Veráns de Lecer Consumo” estará composto por diversas actividades relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o consumo intelixente, a publicidade ou o uso das novas tecnoloxías. Estas actividades, que terán unha duración dunha hora cada unha, estarán adaptadas en función das distintas idades dos rapazas e rapaces e das diferentes persoas ás que van dirixidas, conforme ven recollido no programa que se xunta coa presente. Cada Concello poderá solicitar ata 5 actividades diferentes.

Dende o Instituto Galego do Consumo e da Competencia consideran que a educación en materia de consumo é un xeito de reducir os riscos de vulnerabilidade das persoas consumidoras e de acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna, coñecedores dos seus dereitos e activos para defendelos.

É por iso que poñémonos en contacto con vostede para que este programa de “Veráns de Lecer Consumo” chegue ao maior número de rapazas e rapaces, polo que agradeceríamos a participación do voso concello.

Para formar parte desta campaña de verán 2024 e desenvolver algunha ou algunhas das actividades propostas no seu concello, débese cumprimentar a folla de inscrición que se xunta coa presente e remitila ao correo electrónico igc.escuela@xunta.gal. As peticións atenderanse por orde cronolóxico de recepción ata completar o calendario.

O Concello deberá dar a adecuada publicidade e facer constar o nome do programa “Veráns de LecerConsumo” do IGCC en todas as actividades, actuacións, materiais e difusións que formen parte do proxecto, coa inserción da imaxe corporativa institucional básica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

Para calquera información adicional ou para calquera dubida pode chamar ao teléfono do IGCC 881 999 093.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA522.6 KB
PDF icon FOLLA DE INSCRICIÓN212.84 KB