Data:
A VI Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios terá lugar o próximo venres, 1 de abril, na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
O venres, 1 de abril, terá lugar a VI Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios na Escola Galega de Administración Pública(Santiago de Compostela), organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, BEONE y GADIS.
OBXECTIVOS
1. Analizar as características que definen a colaboración público-privada.
2. Coñecer as ferramentas contractuales dunha xestión indirecta do deporte municipal.
3. Examinar dous casos de interese: Empresa BEONE e concello de Alcobendas.
INSCRICIÓN
- A inscrición será gratuita mediante invitación de AGAXEDE ou FEGAMP, ata o día 26 de marzo, cubrindo o formulario.
- Prezo a partir do 26 de marzo: 10 €
As persoas asistentes recibirán un DIPLOMA certificado pola ESCOLA GALEGA DO DEPORTE
Descargar aquí o programa da xornada.