Data:
UNICEF Comité Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude e a FEGAMP, organizan as VI Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia "Da teoría á práctica: mellorar a gobernanza da política local de infancia", que terán lugar o vindeiro mércores 4 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela a partir das 9 horas.
A iniciativa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF busca impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implantación desta iniciativa, contribuímos a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.
Esta xornada está pensada para ofrecer unha explicación didáctica sobre os mecanismos, espazos e instrumentos necesarios para facer realidade unha gobernanza transversal, participativa, con criterios da transparencia e bo goberno da política local de infancia para entidades locais galegas.
Está dirixida ás autoridades públicas locais como concellerías de infancia, áreas de políticas sociais; e calquera entidade local interesada en revisar ou fortalecer os seus mecanismos de gobernanza enfocados nos dereitos da infancia; dos integrantes dos espazos de coordinación (formais ou non) constituídos no seo das entidades locais para o impulso das políticas de infancia; e dos responsables técnicos e políticos que impulsan os órganos de participación infantil.
Inscricións (ata o día 2 de xuño): https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=GDoOomXXyUSxgJzrXPlt...
Para dúbidas e consultas: rnunez@unicef.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 210.72 KB |