VIII EDICIÓN CONCURSO DE BOAS PRÁCTICAS LOCAIS CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES 2023

Data: 

martes, 12 Setembro, 2023 (Todo o día) a luns, 9 Outubro, 2023 (Todo o día)

 

Co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias e recoñecer as actuacións mais eficaces e innovadoras na loita contra a violencia de xénero, o Ministerio de Igualdade e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocan a VIII Edición do Concurso de boas prácticas locais contra a violencia sobre as mulleres. 

Esta iniciativa se leva a cabo en virtude do convenio subscrito entre ambas entidades para a realización de actuacións relacionadas coa loita contra a violencia de xénero no ámbito local. Os premios carecen de dotación económica e consistirán nun recoñecemento que será entregado nun acto público en decembro de 2023. Dende a Delegación do Gobierno para a Violencia de Xénero e a FEMP animan a todas as Entidades Locais a presentar as súas mellores experiencias a esta convocatoria, co obxectivo de compartir iniciativas e promover un avance conxunto na loita contra a violencia de xénero.

 

A data límite para a presentación de propostas é o 9 de outubro de 2023.

 

Para mais información: 

Área de Igualdade da FEMP

tel.: 91 364 3700 

e-mail: igualdad@femp.es

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Convocatoria168.6 KB
PDF icon Ficha244.85 KB