VIII EDICIÓN DOS PREMIOS AGADER ÁS INICIATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL. PRAZO: 12-07-2017

Data: 

martes, 13 Xuño, 2017 (Todo o día) a mércores, 12 Xullo, 2017 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Resolución do 1 de xuño de 2017 pola que se convoca a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. BDNS (Identif.): 349903.

Obxecto

Fomentar actuacións que animen á participación pública e privada nos procesos de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural (código de procedemento administrativo MR709A).

Os premios que se convocan son os seguintes:

– O primeiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 25.000 euros.

– O segundo premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros.

– O terceiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 12.000 euros.

– O cuarto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 8.000 euros.

– O quinto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 5.000 euros.

– O premio especial para mozos e/ou mozas constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros. Para estes efectos, terán a consideración de mozos ou mozas os que non teñan máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a candidatura ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.

Financiamento

Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de 80.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2017-13-A1-712A-770.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2017 (código de proxecto 2017-00002).

Prazo 

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Descargas: 

galer_a_fotos