Data:

A Oficina de Fomento da Contratación Responsable, impulsada pola Asociación Amicos, organiza o WEBINAR "CONTRATOS RESERVADOS PARA AAPP: cómo facilitar o emprego e a inclusión social", que terá lugar en modalidade online o venres 30 de setembro. Dirixido a cargos públicos e persoal técnico e xurídico das administracións públicas.
Inscrición: Gratuíta
Toda a información na seguinte ligazón: http://oficinacontratacionresponsable.com/inscripcion/
Contacto: info@oficinacontratacionresponsable.com ou no 900 909 658
A Oficina de Fomento da Contratación Responsable, nace coa misión de exercer de palanca para a efectiva implementación da compra responsable.
No marco deste evento vaise lanzar unha convocatoria de premios ás boas prácticas en contratación responsable, sendo o obxectivo destes galardóns o recoñecemento ás administracións públicas que lideran nos seus ámbitos de actuación o desenvolvemento da compra e/ou contratación pública socialmente responsable en Galicia.
Máis información sobre a contratación socialmente responsable na web www.oficinacontratacionresponsable.com
Esta formación forma parte do proxecto PRO+, cofinanciado polo programa operativo POISES no marco das FSE e xestionado por CEPES. E do proxecto ESPIGA, financiado por Fundación ”la Caixa”.
Os obxectivos que se propoñen son:
- Comprender a importancia da contratación pública como ferramenta ao servizo do emprego das persoas con discapacidade.
- Adquirir os coñecementos necesarios para coñecer e aplicar a figura dos contratos reservados nas licitacións públicas.
- Coñecer o marco xurídico da contratación pública responsable e visualizar o seu potencial para lograr efectos e resultados tanxibles.
- Mostrar as mellores prácticas de diversas Administracións Públicas.