Data:
Os edificios municipais dispoñen de instalacións que deben cumprir coa normativa de seguridade industrial, tales como instalacións eléctricas, calefacción ou ascensores; outras que empregan gases combustibles, caldeiras ou depósitos de gasóleo; máquinas salvaescaleiras, centros de transformación ou compresores.
En todos estes casos existe unha completa regulamentación con criterios estritos na parte de deseño, execución e mantemento que debe ser cumprida, pero nalgúns casos, especiamente no mantememto, pode pasar desapercibida.
Adicionalmente temos outras normativas afíns como a prevención da lexionelose ou o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
Así, as instalacións municipais deben cumprir coa normativa en canto ás revisión e inspeccións periódicas.
Ao fin de abordar estas casuísticas, o día 24 de maio, desenvolverase unha webinar sobre o mantemento nas instalacións dos edificios da administración local, no que se abordarán os principios básicos sobre estas intalacións co fin de garantir a seguridade de traballadores e usuarios e minimizar as posibles consecuencias de responsabilidde no caso de incidencias graves.
A webinar desenvolverase en soporte on line o vindeiro venres 24 de maio a partir das 9 da mañá e terá unha duración estimada de 1,5 horas. Será impartida por Fernando Blanco Silva, doutor en Desenvolvemento Sostible e enxeñeiro industrial na Xunta de Galicia. É autor de diversos artigos científicos relacionado co mantemento das instalacións así como do libro "El triángulo de la Gestión Energética".
Ao desta páxina poderás atopar a presentación do webinar.
E se queres visualizar o webinar, aquí o tes na nosa canle de Youtube.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Presentación -Fernando Blanco Silva- Webinario mantemento instalacions municipais | 752.96 KB |