Webinario "A Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia"

Data: 

venres, 28 Outubro, 2022 - 12:00 a 14:00

 

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca  o webinario "A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia",  que persegue a finalidade de dar a coñecer a citada e lei, que ten por obxecto, ademais de regular o réxime xurídico dos solos contaminados, a regulación da produción e xestión sostible dos residuos, potenciando medidas que preveñan a súa produción e diminúan os impactos adversos sobre a saúde humana e o ambiente, vencellados á súa xeración e xestión, ao tempo que se fomenta o uso sustentable dos recursos e a transición a unha economía circular e baixa en carbono no territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia.

Persoas destinatarias:

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Data: venres 28 de outubro de 2022.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Inscrición:

- As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. 

- O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (20/10/2022) ata as 23.55 horas do día 25 de outubro de 2022.