X Xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios 2026

Data: 

venres, 27 Marzo, 2026 (Todo o día)
Cartel

O venres 27 de marzo terá lugar a X Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela) de 9:30 h a 14:00 horas, organizada por AGAXEDE, patrocinada pola FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) , a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego, e OPSA e coa colaboración de BEONE, GADIS, MATRIX, FAGDE (Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España) e a EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

OBXECTIVOS

- Identificar as claves de xestión e mantemento da infraestrutura deportiva municipal.

- Analizar a problemática respecto a as instalacións coa que se atopan os concellos.

- Coñecer os novos sistemas dos campos de céspede artificial e a súa adecuación á normativa europea.

DIRIXIDO A:

Persoas con responsabilidades técnico-deportivas e políticas na xestión do deporte municipal; directivas de clubs e federacións; responsables das empresas deportivas concesionarias de instalacións municipais e demais entidades ou persoas con interese nesta materia. 

INSCRICIÓNAs persoas asistentes recibirán un DIPLOMA acreditado pola ESCOLA GALEGA DO DEPORTE.

Máis información: https://www.agaxede.org/gl/evento/x-xornada-de-xestion-deportiva-para-pequenos-e-medianos-municipios-2026/

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada221.51 KB