XESTIÓN DE RAEE NOS PUNTOS LIMPOS: ENQUISA E GUÍA CIDADÁ

A Fegamp colabora con Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) para concienciar a cidadanía sobre a reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Aquí poderás atopar material divulgativo que podes descargar e imprimir para distribuir entre a cidadanía.

Ademáis, poderás atopar unha enquisa a través da que esperamos coñecer con maior detalle o funcionamento dos puntos limpos na recollida de RAEE. O Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, considera os puntos limpos como elemento destacado entre os mecanismos dos Entes locais de recollida separada de RAEE que contribúe a optimizar recursos e permite a recollida sen custo para os usuarios.

Mediante esta enquisa queremos coñecer como leva a cabo a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos no Punto Limpo, co fin de conseguir o seu correcto funcionamento como centro de recepción e almacenamento selectivo de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos de procedencia municipal que non son obxecto de recollida domiciliaria ordinaria.

ENQUISA SOBRE A XESTIÓN DE RAEE NOS PUNTOS LIMPOS. 

Descargas: