Xestión Local con Impacto. Fomento da contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais. 1 de marzo de 2024

Data: 

venres, 1 Marzo, 2024 (Todo o día)
Cartel

Esta xornada busca potenciar a contratación reservada a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) e Empresas de Inserción (EI) en Galicia, dentro do marco da Lei  9/2017 de Contratos do Sector Público e da lei 7/2022 de residuos y suelos contaminados para una economía circular. Estas leis destacan a importancia da dimensión social, medioambiental e de innovación nos contratos públicos, ofrecendo novas oportunidades de crecemento para as entidades de economía social.

 Os principais obxectivos desta xornada inclúen:

  • Fomentar e visibilizar os sectores de Transporte e Mobilidade e Economía Circular e Xestión de Residuos.
  • Analizar o escenario normativo da Contratación Reservada e a Compra Pública Responsable.
  • Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás EI e CEEIS.
  • Ofrecer ferramentas e prácticas óptimas ao persoal técnico das entidades locais para a elaboración de pregos de contratación.

O evento contará con relatorios de expertos na materia, mesas redondas e presentacións sobre as mellores prácticas no sector. Ademais, haberá unha sección de networking para fomentar a colaboración entre as distintas entidades asistentes.

A xornada está dirixida tanto a persoal técnico como institucional das entidades locais.

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon Programa421.59 KB