XORNADA DE PRESENTACIÓN LOCAL DO PROXECTO EUROPEO TRAFAIR

Data: 

xoves, 23 Xaneiro, 2020 (Todo o día)

Esta xornada terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro de 2020 no Edificio Municipal Cersia, sito na Rúa Alcalde Raimundo López Pol, no barrio de San Lázaro (Santiago de Compostela).

O Concello de Santiago de Compostela, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a USC (Universidade de Santiago de Compostela) están a participar no proxecto europeo TRAFAIR (Understanding traffic flows to improve air quality). Este proxecto europeo está financiado con cargo ao programa europeo CONNECTING EUROPE FACILITY - TELECOMMUNICATION 2014-2020. O obxectivo do mesmo é estudar a calidade do aire en función das condicións climatolóxicas e de tráfico rodado. Os resultados que se acaden permitirán ás autoridades públicas ter datos que permitan cuantificar a polución no aire, o xeito en que se distribúe polas ciudades e adoptar as medidas necesarias para diminuir dito impacto. En definitiva, trátase dun proxecto que permite concienciar á cidadanía e as institucións públicas sobre a calidade do aire que respiramos.

A continuación pode descargar un breve resumo do proxecto TRAFAIR, un folleto en inglés, a axenda actualizada do evento que se desenvolverá en xornada de mañá o día 23 de xaneiro de 2020 e por último información práctica de cómo chegar e onde aparcar.

A asistencia ó evento é libre e gratuita. Prégase confirmación de asistencia no seguinte enderezo electrónico: ipineirof@santiagodecompostela.gal

Descargas: