O xoves 21 de marzo terá lugar no hotel "Palacio del Carmen" de Santiago a xornada “Tecnoloxía e Deporte”, promovida pola Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, en colaboración con R e Cinfo. Será o primeiro evento destas características que se organiza para falar de innovación no deporte de Galicia e no que se contará coa asistencia dos principais actores do mundo do deporte galego.
O aforo é limitado, polo que é imprescindible confirmar asistencia enviando un correo electrónico a tecnoloxiadeporte@mundo-r.net
A continuación pode descargar en pdf a axenda do evento, na que federacións e CRTVG falarán de dereitos audiovisuais para todos. Tamén, diferentes empresas tecnolóxicas e startups explicarán cómo os clubs e as diferentes organizacións deportivas poden sacar o máximo proveito ás ferramentas dixitais dispoñibles no mercado para producir contidos propios ou dos beneficios aplicados á análise de xogo, entre outros temas.
Máis información : https://deporte.xunta.gal/gl/axenda/xornada-de-tecnoloxia-e-deporte
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 173.23 KB |