Xornada de teleformación no manexo de XESBÍO2 - Convenio de xestión da biomasa

Data: 

xoves, 15 Setembro, 2022 - 10:00 a xoves, 29 Setembro, 2022 - 11:30

 

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais e para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias pón a disposición dos concellos adheridos e con plan  municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, unha aplicación informática, XESBÍO 2, con diversas funcionalidades que permiten, entre outras, a xestión notificacións, anuncios, inspeccións,  ou contratos das parcelas situadas en faixa secundaria.

Co obxecto de familiarizarse co seu manexo, aproveitar as súas potencialidades e atender ás dúbidas que poida ter o persoal técnico dos concellos encargado da xestión administrativa das faixas secundarias, vaise impartir unha xornada de teleformación no manexo de XESBÍO2. 

enlightenedAs persoas interesadas poden ELIXIR O DÍA da súa preferencia entre os seguintes:

  • 15, 22, 27 ou 29 de setembro, en horario de 10 a 11:30 h.

aforo está limitado a 15 persoas por sesión. 

A ligazón de conexión será enviada por Amtega.

enlightenedFORMULARIO DE INSCRICIÓN NA XORNADA DE TELEFORMACIÓN

enlightenedAqueles usuarios que esquezeran a súa clave de acceso a XESBÍO2 poderana solicitar no seguinte enderezo de correo electrónico: soporte-xesbio2@xunta.gal