XORNADA FAITE PROFESIONAL DIXITAL DO ÁMBITO SOCIOSANITARIO

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG), organizan esta xornada para o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 10.30 horas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

A inscrición (nome e apelidos, dni, teléfono, mail, profesión)  é gratuita e pode formalizarse a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org ou a través da web www.profesionsdixitais.org.