No marco do convenio de colaboración entre a FEMP e a Fundación "La Casa que Ahorra", para a mellora da eficiencia enerxética na edificación, está previsto realizar distintas xornadas divulgativas para proporcionar as Entidades Locais información e ferramentas que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética do parque edificado.
O próximo día 21 de xaneiro de 2016 celebrarase en Vigo, no Auditorio do Edificio Municipal do Arenal (C/ Oporto, 1) a xornada “Modelo de Ordenanza de Rehabilitación”, da que se inclúe a continuación o programa e o formulario de inscrición, que no caso de estar interesado debe remitir debidamente cumprimentado antes do 18 de xaneiro á Subdirección de Desenvolvemento Sostible da FEMP (tel: 91.364.37.00 / e-mail: sostenible@femp.es).
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da xornada | 170.71 KB |
Ficha de inscrición | 513.16 KB |