XORNADA: O IMPACTO DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS

Data: 

23/03/2018

O Vicepresidente Executivo da Fegamp, Manuel Mirás, inauguraba o 23 de Marzo xunto a Mar Pereira, Directora da Amtega e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, a Xornada organizada coa colaboración destas tres entidades sobre a LOPD o Regulamento de Protección de Datos que será de obrigado cumprimento a partir do próximo mes de maio. Esta Xornada tivo unha grande asistencia de persoas interesadas en coñecer máis desta normativa.