Xornada: Os abastecementos veciñais a estudo. Propostas de xestión

Data: 

mércores, 20 Xuño, 2018 - 10:00
cartel xornada fegamp abastecementos veciñais

Nesta xornada organizada pola Fegamp, daranse a coñecer as actuacións desenvolvidas nos concellos de Tomiño e Abegondo sobre os abastecementos veciñais.

Nos diversos espazos nos que participa a Fegamp, e moi particularmente no seo do Pacto Local da Auga, a xestión dos abastecementos veciñais e o seu estado sanitario é tema recorrente de debate. Así pois, cremos que  é necesario dar un paso adiante e promover a reflexión e o aproveitamento de sinerxías entre os concellos galegos para que afronten a regularización sanitaria e administrativa dos abastecementos veciñais do seu territorio, apoiándose en experiencias e procedementos xa implementados, e que lles poden facilitar o percorrido deste camiño.

Vai dirixida a persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros, comunidades de usuarios e interesados en xeral.

Data: 20 de xuño de 2018
Lugar de celebración: Salón de actos do Edificio Cersia. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol. Santiago de Compostela.

Como chegar ao Edificio Cersia.  (A rúa do Alcalde Raimundo López Pol é peonil. Suxírese estacionamento no Estadio San Lázaro ou no Palacio de Congresos.)

Inscricións ata o martes 19 de xuño. PRAZAS LIMITADAS
Para inscribirse cubra este Formulario de inscrición.

Máis información e consultas: 881 998 016

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA DA XORNADA48.18 KB