Data:
A Fegamp organiza a xornada A IMPORTANCIA DOS PLANS ANTIFRAUDE NOS CONCELLOS: DA XESTIÓN DE FONDOS EUROPEOS Á XESTIÓN DO PÚBLICO, que terá lugar o 22 de decembro e desenvolverase en modalidade on-line a través da plataforma Zoom.
Nesta sesión abordaranse as implicacións Ordes Ministeriais do Ministerio de Facenda e Función Pública que regulan o sistema de xestión dos fondos europeos contemplados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, isto é, a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
PODE VISUALIZAR A GRAVACIÓN DA XORNADA NA CANLE DE YOUTUBE DA FEGAMP. AS PRESENTACIÓNS DOS POÑENTES ESTÁN DISPOÑIBLES NA ZONA DE DESCARGAS AO FINAL DA PÁXINA. |
PROGRAMA DA XORNADA |
09:00 horas.- Conexión e recepción das persoas inscritas 09:30 horas.- Sesión inaugural Dna. Natalia Prieto Viso, directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia D. José Antonio Redondo López, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia D. Alberto Varela Paz, presidente da Fegamp e alcalde do concello de Vilagarcía de Arousa 10:00 horas.- Introducción aos fondos NGEU e o papel dos órganos de control D. Simón Rego Vilar, conselleiro do Consello de Contas de Galicia 10:10 horas.- Os Plans de Medidas Antifraude e a función de colaboración do Consello de Contas de Galicia D. Eloy Morán Méndez, auditor e presidente da Comisión Técnica de Prevención da Corrupción do Consello de Contas de Galicia 11:10 horas.- Oportunidades para entidades locales en NGEU D. Daniel García, director da sede Andalucía e Extremadura de Zabala Innovation 11:20 horas.- A xestión administrativa dos fondos Next Generation: Análise da Orde HFP/1030/2021 e da Orde HFP/1031/2021 D. Rubén Heredia, consultor de Zabala Innovation 12:15 horas.- A implantación antifraude no Concello de Lalín. A xestión cotiá dos riscos de fraude Dna. Fátima Cortizo Seijas, responsable del Servicio de Contratación do Concello de Lalín 12:30 horas.- Peche da xornada
|