XORNADA PRÁCTICA SOBRE NOVIDADES LEXISLATIVAS NA XESTIÓN E CONTROL NO SECTOR PÚBLICO

Data: 

martes, 30 Outubro, 2018 (Todo o día)

Esta Xornada que organiza  EY e a FUNDACIÓN FIASEP terá lugar o próximo 30 de Outubro no Centro IESIDE, Rúa Nova, 33 en Santiago de Compostela.

 

OBXECTIVO DA XORNADA

A entrada en vigor de novas normas que regulan a xestión pública require organizar foros de encontro dos afectados para a análise práctica do seu contido e para compartir e intercambiar experiencias, aclaracións, e solucións. E elo, tanto para o seu adecuado cumprimento  como, especialmente,  para conseguir obter, na súa aplicación polas diferentes administracións e entidades públicas, que as normas aporten o máximo de melloras nos procedementos que as mesmas perseguen.

Nestes momentos referímonos á entrada en vigor de tres normas:

- O Real Decreto 424/2017, de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local.  
- A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A QUÉN VAI DIRIXIDA

A Presidencias das Comunidades Autónomas ou das Corporacións Locais, aos Xestores, Secretarios Xerais e Interventores e ao seu persoal. Responsables políticos. Persoal de confianza. Funcionarios e Profesionais que desenvolven a súa actividade nas Administracións, autonómica e local, e Entidades dependentes das mesmas, con responsabilidade na xestión, control económico-presupostario, áreas de contratación ou Sistemas de Información, tecnoloxía e comunicacións.

A inscrición poderá ser a totalidade ou algunha das tres ponencias

METODOLOXÍA

A metodoloxía utilizada, básase nunha visión práctica de cada un dos temas que se abordan, cunha primeira fase de impartición por expertos profesionais con dilatada experiencia e profundos coñecementos prácticos nas dúas materias abordadas. Ao finalizar cada unha das exposicións iniciais iniciarase un dialogo entre asistentes e poñentes para ampliar ou aclarar o exposto e, especialmente, para compartir as dúbidas e experiencias prácticas de todos os asistentes.

 

PROGRAMA

ASPECTOS PRÁCTICOS PARA A APLICACIÓN DO REAL DECRETO

10:00h-10:40h. Análise xeral do Real Decreto 424/2017 e as suás implicaciones nas funcións dos Interventores locais. Aspectos prácticos da súa aplicación: plan anual control financeiro, análise de riscos, colaboración con auditores, fiscalización limitada previa.

D. Alejandro Martínez Gómez. Socio de Sector Público de EY. Membro en excedencia do Corpo Superior de Auditores do Tribunal de Contas.

10:40h-11:00h. Coloquio e intercambio entre ponente e asistentes

ASPECTOS PRÁCTICOS NOVA LEI DE CONTRATOS

11:00h-11:40h. A nova Lei de Contratos do Sector Público: motivación e novidades. Algúns aspectos clave da nova lei de contratos: os criterios de adxudicación e a determinación do prezo de licitación, a asignación de riscos nas concesións, e o maior control da contratación.

D. Angel Luis Martínez Fuentes. Socio do Sector Público de EY.

11:40h-12:00h. Coloquio e intercambio entre ponente e asistentes

12:00h-12:30h Café

ASPECTOS PRÁCTICOS DA LEI DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

12:30h-13:10h. Presentación do Estudio do grao de adecuación á Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

D. Carlos González Luis. Socio de Consultoría de Sector Público de EY.

13:10h-13:30h. Coloquio e intercambio entre ponente e asistentes

 

SECRETARIA TÉCNICA DA XORNADA: FUNDACIÓN FIASEP

XORNADA GRATUÍTA

 

INSCRICIÓNS:

Persoa de contacto: Dª. Alicia Luis López. Responsable de Formación da Fundación FIASEP

Teléfono: 91 562 55 25 Email: aluis@fundacionfiasep.org

Inscrición gratuita: sendo imprescindible a previa confirmación de asistencia ata unha semana antes da data de celebración. A inscrición poderá ser á totalidade ou a algunha/s das tres ponencias

As prazas son limitadas: A reserva de praza farase por riguroso orde de confirmación. E por cada entidade poderán inscribirse un máximo de TRES persoas.