Xornada "Quedamos na Casa"

Cartel

Quedamos na Casa! é un proxecto que nace coa idea de promover a cultura e o patrimonio da USC. Un proxecto que busca exhibir e dar visibilidade a tódolos departamentos culturais da Universidade de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que achega ao público xeral e á comunidade universitaria parte do seu patrimonio menos coñecido. Así, facendo uso dun dos seus edificios máis singulares, a Casa de Europa sita no parque Vista Alegre, terá lugar unha xornada onde o teatro, a astronomía, a danza ou a música tomarán os espazos de dito edificio para transformalo nun escaparate vivo de tódalas actividades e servizos culturais que a USC ofrece aos seus estudantes.

A xornada desenvolvese o 22 de Setembro de 17 a 22 h. 

Programa e máis información na páxina web: http://ogatocosmico.wixsite.com/quedamosnacasa