Xornada sobre Cooperación Municipalista para acadar os #ODS

Data: 

mércores, 31 Maio, 2017 - 10:00 a 20:00

A Fegamp a través do seu presidente, Alfredo García, formou parte dos convidados á inauguración da xornada "Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible", organizada polo Fondo Galego de Cooperación Local. Unha oportunidade para o ámbito municipal de coñecer de forma máis pormenorizada como avanzar cara a consecución dos 17 obxectivos propostos polos gobernos ante a ONU. Estes obxectivos son 17 metas a lograr que se dividen en tres grandes bloques temáticos. En primeiro lugar están aqueles obxectivos que teñen que ver co benestar das persoas (erradicación da pobreza, saúde, desigualdade, educación, paz, xustiza…. ); outro importante grupo fai referencia aos procesos produtivos (Enerxía, crecemento económico, produtividade, cidades…) e un último bloque sinala cara a preservación do Medio Ambiente (Océanos, bosques, cambio climático…).

A xornada, que se celebra na sede da EGAP está dirixida a persoal dos concellos pero tamén está aberta a toda persoa interesada en asistir.

Momento da Inauguración da Xornada