A Deputación Provincial de Pontevedra organiza con motivo do Día Europeo da Mobilidade para o próximo 23 de setembro unha xornada sobre mobilidade e espazos públicos, que terá lugar no Museo Provincial de Pontevedra.
Esta xornada está dirixida tanto a responsables políticos, como persoal técnico das entidades locais.
As peticións, nas que debe figurar o nome, apelidos, DNI e cargo que ostentan os interesados en participar, seranlle remitidas ao Servizo de Asistencia lntermunicipal por correo electrónico (saim@depo.es), para os efectos de establecer a orde de chegada da solicitude de inscrición como criterio para a selección dos participantes, no caso de superarse o cupo previsto.
Xuntamos pdf co programa da xornada.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da xornada | 62.82 KB |