Xornada sobre o Regulamento da nova Lei do Solo de Galicia

Data: 

mércores, 27 Abril, 2016 - 10:00

A Fegamp e a Xunta de Galicia organizaron unha xornada informativa sobre o regulamento da nova Lei do Solo de Galicia, á que asistiron un cento de responsables técnicos, edís de Urbanismo e rexedores/as.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, inaugurou o relatorio, xunto con Encarnación Rivas, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e Eduardo Sobrino, subdirector xeral de Urbanismo.

O obxectivo da iniciativa é que os asistentes puideran presentar as súas suxestións, para a mellora do regulamento e a posta en práctica da normativa.