A Escola Galega de Administración Pública celebrará o próximo 11 de xuño unha xornada destinada a formular posibles liñas de reforma das entidades locais desde unha perspectiva financeira. Durante esta actividade trataranse polo miúdo a sustentabilidade financeira da administración local, a situación financeira e os proxectos de reforma, o marco constitucional do control financeiro, o desenvolvemento autonómico da Lei 27/2013 e a situación financeira e os proxectos de reforma local en Alemaña.
A xornada vai destinada aos empregados das administracións públicas de Galicia, ao persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e interesados en xeral.
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Data: 11 de xuño
Horario: mañá e tarde
Duración: 7 horas
Inscrición: en http://egap.xunta.es/matricula ata o 9 de xuño
Máis información: http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8688
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa e inscrición xornada | 204.7 KB |