XORNADA TÉCNICA PREVENCIÓN DE RISCOS EN PRÁCTICAS DE MERGULLO PROFESIONAL

Data: 

venres, 20 Setembro, 2019 (Todo o día)
Xornada riscos laborais mergullo profesional

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ten previsto celebrar o venres 20 de setembro, no Centro do Issga de Pontevedra, ás 9:30 horas, unha xornada técnica sobre a "Prevención de riscos en prácticas de mergullo profesional", dentro do Plan de actividades formativas para 2019.

A práctica do mergullo profesional leva asociados riscos específicos como son os trastornos disbáricos de perigosidade contrastada. Non obstante, a prevención de riscos laborais nesta actividade é unha gran descoñecida, mesmo para moitos profesionais da propia actividade e da prevención.

Se desexa inscribirse nesta xornada técnica, faga clic aquí

PROGRAMA

09.30 RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

09.45 PRESENTACIÓN
Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria

10.00 NORMAS TÉCNICAS APLICABLES
Arturo Pichel Fernández. Técnico do Issga Pontevedra

10.45 TÉCNICAS NO MERGULLO PROFESIONAL
Marcelino González Maneiro. Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa)

11.30 DESCANSO

12.00 RISCOS DA PRÁCTICA DO MERGULLO
Óscar Figueiro Touceda. Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa)

12.45 EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA O MERGULLO
Sara Sierra Alonso. Directora do Departamento de equipos de protección individual. Centro Nacional de Medios de Protección. INSST

13.30 COLOQUIO E PECHE
Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria