Como complemento á Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG (Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia) vai celebrar o 2 de xullo un encontro que amosará as potencialidades da Compra Pública Innovadora (CPI) para o impulso das firmas do noso tecido tecnolóxico. A Xornada de Oportunidades de CPI para empresas TIC, organizada en colaboración con GAIN, Cluster TIC e Idom, desenvolverase no edificio CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López, San Lázaro, Santiago). A axenda da xornada, que pode atopar no pdf que se anexa abaixo, é a seguinte:
9:30: Presentación da Xornada. Fernando Suárez, Presidente do CPEIG
9:45: A aposta de Galicia pola CPI. Manuel Varela, Director de Gain,
10:15: As compras públicas como motor de innovación. Juan Manuel Garrido, MINECO
11:30: A CPI no marco internacional / Recomendacións para a planificación, xestión e avaliación das Compras Públicas Innovadoras para empresas. Sandra Sinde, Directora CPI e Innovación Aberta nas AA.PP Idom Consulting
12:15: Aprendendo do concreto. Experiencia de empresa participante no proceso de CPTI do SERGAS. Martín Gómez, Xerente de Bahía Software
12:45: Alternativas de financiamento para CPI. Manuel Ortiz, CDTI
O acceso é gratuíto previa inscrición na conta eventos@cpeig.org antes das 14:00 horas do 1 de xullo.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da xornada | 180.61 KB |