Xornadas informativas da nova Lei do Solo de Galicia en Pontevedra

Data: 

luns, 22 Febreiro, 2016 - 10:30

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron en Pontevedra a terceira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.

Asistiron á delegación territorial do goberno galego na cidade o director xeral da Fegamp, José Manuel Chapela; a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas e o subdirector de Urbanismo, Eduardo Sobrino.