A Xunta concede no 2023 máis de 2.000 axudas económicas de carácter social ás e aos galegos de Venezuela

Data: 

venres, 1 Decembro, 2023 (Todo o día)
Caracas (Venezuela), 1 de decembro de 2023.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, visitou en Caracas a Oficina de Atención Social da Hermandad Gallega de Venezuela co obxectivo principal de facer seguimento ao importante traballo conxunto que se desenvolve entre esta Oficina da Hermandad e a Xunta de Galicia, que permitirá neste ano 2023 facer chegar máis  de 2.000 axudas sociais de carácter económico aos galegos e galegas de Venezuela. Para acadar este obxectivo, tamén son imprescindibles as Oficinas de Atención Social existentes nos demais centros galegos de Venezuela, Hermandad Gallega de Valencia, Centro Gallego de Puerto La Cruz e o Centro Gallego de Maracaibo.

Miranda asegurou que a  Hermandad Gallega  de Venezuela e o resto das entidades galegas no país, co seu enfoque centrado na solidariedade e no apoio mutuo, "convértense nun pilar fundamental para os galegos máis necesitados, como así tamén se constata tamén no seu compromiso co programa de entrega de medicamentos".

Durante a súa visita, Miranda tivo a oportunidade de reunirse coa directiva da Hermandad “Estes encontros son cruciais para coñecer as necesidades actuais da comunidade, avaliar o impacto dos programas en marcha e explorar vías para unha colaboración aínda máis estreita entre a Xunta de Galicia e a Hermandad”.

Escoitar