Xunta e Fegamp acordan a posta en marcha dun plan de loita contra a avespa velutina en Galicia

Data: 

mércores, 16 Outubro, 2019 - 12:30
alfonso rueda e alfonso villares, plan de actuación contra a vespa velutina 2019

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019

O vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, informaron do acordo entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia para a posta en marcha dun Plan de loita contra a vespa velutina en Galicia. O obxectivo deste Plan é concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta profesional e eficaz, e estará dotado con 2.3 millóns de euros do FCL que permitirá sufragar os gastos de actuación para facer fronte a esta especie invasora que se estende por practicamente todo o territorio galego.

 

Nas diferentes reunións da Comisión de Seguimento da vespa velutinaNestes últimos anos constatouse un incremento na proliferación de avespa velutina continuado, e no que vai de ano foron neutralizados 15.000 niños desta especie invasora. Polo que ante esta situación a Xunta decidiu buscar a colaboración das entidades locais a través da Fegamp e redobrar esforzos neste ámbito, actuando para frear a invasión desta especie invasora. O plan prevé liberar tamén aos GES deste labor o que lles permitirá estar centrados en exclusiva na xestión das emerxencias.