Data:

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ofrecerán tres sesións informativas en Xenebra, Berna e Zürich entre o 20 e o 22 de outubro, co obxectivo de achegar a situación tributaria en España a aqueles galegos e galegas residentes en Suíza que desexen retornar.
As xornadas terán lugar o venres 20 en Xenebra, ás 19:30 horas, no local de A Nosa Galiza; o sábado 21 na Sala Punkt.Null de Berna, ás 17:00 horas; e o domingo 22, na Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, ás 16:00 horas. As charlas informativas correrán a cargo do xefe de Área de Inspección Tributaria da Xunta de Galicia, Juan Antonio Mosquera Pena.

Sede Electrónica