A Xunta presenta á FEGAMP os futuros plans locais de I+D+i

Data: 

martes, 22 Abril, 2025 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, foi recibido polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, dentro dos traballos para deseñar os futuros plans locais de I+D+i, como principais novidades do Plan Galego de Investigación e Innovación de Galicia 25-27, aprobado recentemente pola Xunta de Galicia.