XUNTANZA DOS CÍRCULOS DE COMPARACIÓN INTERMUNICIPAL PARA O ANÁLISE DO SERVIZO DE POLICÍA LOCAL



 

Na Sé da FEGAMP celebrouse a primeira xuntanza dos Círculos de Comparación Municipal, no que estaban convocados os dez concellos de Galicia con representantes na Comisión de Coordinación de Policías Locais.

Esta iniciativa parte no marco dun Convenio de Colaboración asinado entre a Consellería de Presidencia e a Universidade de Vigo, que pretende aplicar a metodoloxía de traballo empregada pola Deputació de Barcelona en relación á experiencia dos círculos de cooperación intermunicipal e a elaboración de indicadores de xestión local.

Nesta xuntanza participaron representantes dos concellos de Vigo, Lugo Santiago de Compostela, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Carballo, Sanxenxo e Baiona, así como diversos técnicos da Deputació de Barcelona, Universidade de Vigo, Consellería de