XVI NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: FEMINISMOS-MASCULINIDADES-EDUCACIÓN SEXUAL-VIOLENCIAS-COEDUCACIÓN

Data: 

luns, 12 Xullo, 2021 (Todo o día) a venres, 16 Xullo, 2021 (Todo o día)
XVI NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0:   FEMINISMOS-MASCULINIDADES-EDUCACIÓN SEXUAL-VIOLENCIAS-COEDUCACIÓN

Neste curso, abordaranse contidos relacionados cos seguintes tópicos: feminismos, masculinidades, educación afectivo-sexual, violencias e coeducación cos seguintes obxectivos:

1) Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero.

2) Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.

3) Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.

4) Incrementar a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas.

5) Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.

Prazo de matrícula

Ábrese o prazo: tanto on-line coma presencial, o 10 de maio.

Acaba o prazo: o 2 de xullo.

Nota: Non será posible matricularse fóra destes prazos.

Para máis información: https://www.lalin.gal/igualdade

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon Portada triptico2.53 MB
Image icon Triptico 2.58 MB