Data:

Datas: 12 - 15 de xullo de 2022 no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín. O curso está recoñecido para o alumnado universitario con: 2 créditos
Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos. Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas. Debater sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero. Incrementar a conciencia sobre as diferentes expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas. Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 2.73 MB |
![]() | 4.02 MB |